miércoles, 28 de agosto de 2024

COMEZA A AVENTURA!

Este curso o noso colexio aventúrase en incribles historias por terra e mar da man dun escritor estudoso, visionario e moi documentado. Todo isto son cuestións que aprenderás ao longo do curso. Este autor é Julio Verne. 


Tamén aprenderás porque este escritor francés, este é un dato importante, está relacionado con Galicia e cun lugar con moita historia e moitas historias.
  Ao longo deste blog atoparás enlaces con información que precisas para pescudar máis acerca deste autor que estará moi presente ao longo do curso. 

Tamén atoparás fontes de información acerca doutras cuestións relacionadas co curso como a Illa de San Simón, protagonista tamén, e unha morea de datos acerca de máquinas, personaxes de libros e moitas cousiñas máis. 

 

Biografía de Julio Verne da editorial Parramon na plataforma E-LBE.2

Biografía animada para peques e maiores sobre Julio Verne

¿Dónde vamos Eva? Neste vídeo unha viaxeira lévanos á Illa de San Simón e lugares que a rodean. 

Desde Galicia para el mundo Fragmento dun programa da canle RTVE 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Concurso de relatos de Samaín

Co inicio do curso e para celebrar o Samaín organizamos un concurso de relatos de medo. Lede as bases con atención e poñedevos a escribir. T...